Sábado 4 de Novembro: éxito de participación nesta xornada aberta ao Xadrez no Pontevella.
Nunha tarde chuviosa, un bo número de chicos e chicas acercáronse a zona de xogo situada na 2da pranta do Centro Comercial Pontevella. En dúas filas, a organización dispuxo uns 25 tableiros para que todos aqueles que quiexeran poidesen acercarse e xogar libremente.
En todo momento estiveron presentes os membros da escola Académica As Burgas que ensinaron, xogaron e deron explicacións para xogar aos participantes.
Houbo mais de 50 participantes durante toda a tarde ata as 20 h 30 de entre 6, 7 , 8 anos, e ata os 70 anos, unha boa mestura entre veteranía e xuventude.
Marcos, o director do centro comercial, deu as grazas aos organizadores asñi como felicitou aos particpantes. A experiencia permitiu acercar o xadrez ao público e aos mais pequenos. Repetiremos próximamente!
Escola de Xadrez 2024-25