Aberto de Xadrez de Nadal Ourense 2021

27, 28, 29 e 30 de decembro 2021

https://info64.org/aberto-internacional-de-xadrez-de-nadal-ourense-2021

Xulio Del Prado convertiuse no primeiro gañador do Aberto Internacional de Ourense Nadal 2021…

Finalizando con 6 puntos de 7 posibles, 5 vitorias e 2 empates. A clave foi a súa vitoria con negras na sexta rolda contra o gran mestre Arián González nunha partida interesante na que éste último non se puido defender adecuadamente nos apuros de tempo contra o sacrificio planteado polo xoven xogador. Deste xeito xa se proclamaba virtualmente campión a falta da rolda final.

O primieiro pola ezquerda, seguido de Pedro Gil Ferreira e Arián Gonzalez, que completaban o podio, ademáis de Alba Pérez, campioa feminina, o MI Diego González, 4º clasificado, Samuel Villar, 5º clasificado, e Armando de Sousa, campión en +65.

Hai que resaltar ademais que Rafael Rodriguez quedou 7º e campión en + 50, Roi Cabanas, que volvía despois de varios anos, quedou 6º e campión sub 2000, así como J. Carlos Gestido quedou campión sub 1600, despois de loitar unha interesante partida na última rolda contra Francisco Goulao, sendo o xoven Rodrigo Arias gañador na categoría sub 1200.

Cabe destacar a actuación do mestre candidato Pedro Gil Ferreira, do Xadrez Postas Abertas de Verín, acadando o subcampionato… grazas, en parte a súa actuación contra Arián Gonzalez na 4º rolda con empate, a pesar de que non viu o camiño definitivo dunha vitoria que tiña na man, mais o máis importante é que acadou máis de 50 puntos de incremento de Elo, o que lle permitirá ser pronto Mestre Fide.

Repartiíonse premios ata o 14 clasificado: Breixo Gómez, 8º, Luca Rey Chimera, 9º, José Lucas Ferreira, 10 º, David Vazquez, 13 º e Ivan Dopazo, 14º, todos eles con 100 E.

julio 2024
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Escola de Xadrez 2024-25