Sábado 4 de Novembro: éxito de participación nesta xornada aberta ao Xadrez no Pontevella.

Nunha tarde chuviosa, un bo número de chicos e chicas acercáronse a zona de xogo situada na 2da pranta do Centro Comercial Pontevella. En dúas filas, a organización dispuxo uns 25 tableiros para que todos aqueles que quiexeran poidesen acercarse e xogar libremente.

En todo momento estiveron presentes os membros da escola Académica As Burgas que ensinaron, xogaron e deron explicacións para xogar aos participantes.

Houbo mais de 50 participantes durante toda a tarde ata as 20 h 30 de entre 6, 7 , 8 anos, e ata os 70 anos, unha boa mestura entre veteranía e xuventude.

Marcos, o director do centro comercial, deu as grazas aos organizadores asñi como felicitou aos particpantes. A experiencia permitiu acercar o xadrez ao público e aos mais pequenos. Repetiremos próximamente!

Xornada aberta ao Xadrez en Pontevella: sábado 4 de novembro

A partir das 16 h e na segunda planta no Centro Comercial Pontevella de Ourense, O Club organiza esta Xornada para todos aqueles que queiran participar, aprender e compartir unha tarde Xadrez. Tocalle agora aos mais pequenos, pero tamén aos adultos que queiran vir a xogar. Estamos os membros do club para que aprendas a xogar!

Despois de organizar varios torneos abertos valedeiros para Elo Fide, xa levamos este ano mais dunha docena, entre o Circuito Galicia Central (que foron 8 de xuño a setembro) coa particpación duns 130 xadrecistas de todos os recunchos de Galicia, ademais de varios torneos das Escolas de xadrez do club, do xa habitual torneo de Rápidas de Outono (7 de Outbro) con xogadores titulados, o Memorial José Henrique Rodriguez Peña (21 de Outubro), sendo o Club que mais torneos organiza en distintas modalidades, sin olvidar o torneo de nadal.

mayo 2024
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031