Anna Soares no Campeonato de España Sub 08

Anna Soares Barreiro, xove valor do Club participou no Campeonato de España sub 08, celebrado en Salobreña do 23 ao 30 de junio 2024. Cabe salientar que na súa corta idade e corta traxectoria deportiva xa foi campión provincial sub 08 e sub 10, o que lle permitiu ir aos campionatos autonómicos destas categorías cos gastos pagados. No campionato autonómico da súa categoría sub 08 acadou o Subcampionato por detrás de Fernando Carregal.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/06/23/anna-soares-promesa-8-anos-ajedrez-ourensano/0003_202406O23C9992.htm

No campionato de España, unha primeria experiencia para ela, acada 3,5 puntos de 9, sendo 74 de 100 particpantes. Un resultado máis que aceptable tendo en conta a súa primeira experiencia. Voltou de seguro cun montón de boas experiencias que lle van permitir madurar persoalmente ao mesmo tempo que xadrecísticamente. Das derrotas apréndese, moito máis que das vitorias (como dixo Capablanca) ou un campión convértese en campión porque sabe xestionar a derrota (como diría Federer).

Merecido descanso agora para Anna, que de seguro vai disfrutar do vran con tantas experiencias positivas na súa maleta! un aplauso tamén para a súa familia que soubo acompañala para facer realidade seu soño! só é un primeiro paso do camiño nun deporte que sen dúbida lle aportará moito!

https://info64.org/campeonato-de-espana-sub-08-2024

septiembre 2024
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Escola de Xadrez 2024-25